Actividades

ShareThis

En Feafes Galicia organizamos un amplo abano de actividades dirixidas a todo o mundo, tanto para as persoas con enfermidade mental e os seus familiares e coidadores, como para os profesionais do sector ou a sociedade en xeral.

SEGURO QUE ALGUNHA DELAS É DO TEU INTERESE
Todos os meses poderás elixir entre unha ampla oferta de actividades. Se tes algunha dúbida ou proposta escríbenos a esta dirección de correo: feafesgalicia@feafesgalicia.org

Selecciona unha data
Mayo

Para persoas con enfermidade mental

27 de abril de 2013
Obra de Faemino e Cansado no Teatro Colón de A Coruña

O Teatro Colón da Coruña cedeu entradas ao club de ocio de Feafes Galicia na Coruña para asistir o sábado 27 de abril á representación da obra de Faemino e Cansado, na función das 21 horas.

21 de abril de 2013
Obra Don Quijote no Teatro Colón de A Coruña

O Teatro Colón da Coruña cedeu entradas ao club de ocio de Feafes Galicia na Coruña para asistir o domingo 21 de abril á representación da obra de teatro Don Quijote, na función das 19 horas.

30 de marzo de 2013
O club de ocio de Lugo asiste ao partido de fútbol CD Lugo-Xerez

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o sábado 23 de marzo ao partido entre o C.D. Lugo e o Xerez, celebrado no estadio Anxo Carro, grazas ás invitacións facilitadas dende o club deportivo lucense.

22 de marzo de 2013
O club de ocio de Lugo acode ña II Feira Medieval das Fontiñas

O club de ocio de Lugo acode o vindeiro venres, 22 de marzo, á II Feira Medieval das Fontiñas. O grupo quedou ás 14 horas, para xantar todos xuntos, e despois ver os postos da Feira.

23 de marzo de 2013
O club de ocio de Lugo asiste ao partido de fútbol CD Lugo-Racing de Santander

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o sábado 23 de marzo ao partido entre o C.D. Lugo e o Racing de Santander, celebrado no estadio Anxo Carro, grazas ás invitacións facilitadas dende o club deportivo lucense.

19 de marzo de 2013
O club de ocio de Ourense acode ao ciclo de cine Nos vieiros da mente

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Ourense reúnese o próximo martes, 19 de marzo, a partir das 19:30 para acudir á proxección da pelicula Leaving Las Vegas, dentro do ciclo Nos vieros da mente. Despois o grupo irá a tomar algo para comentar o filme.

16 de marzo de 2013
El club de ocio de Vigo visita a Fundación Laxeiro

O club de ocio de Feafes Galicia en Vigo visita o próximo sábado, 16 de marzo, a Fundación Laxeiro de Vigo. O grupo quedou ás 17 horas para logo realizar a visita guiada polas obras deste importante pintor galego.

12 de marzo de 2013
O club de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode ao cine

O club de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o martes 12 de marzo a ver unha película ao Centro Sociocultural Novacaixagalicia dentro do ciclo Nos vieiros da mente. O grupo quedou ás 18.00 horas para tomar algo e logo acudir á sesión das 19 horas a ver El Aviador.

3 de marzo de 2013
O club de ocio de Feafes Galicia en Ourense celebra unha churrascada tras un paseo polo río

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Ourense reúnese o próximo domingo, 3 de marzo, no parque de San Lázaro ás 12 horas, para facer unha ruta pola beira do río e despois preparar un churrasco.

22 de febreiro de 2013
O club de ocio de Santiago visita o Museo das Peregrinacións

O club de ocio de Feafes Galicia en Santiago acode o venres  22 de febreiro ao Museo das Peregrinacións para realizar unha visita guiada á mostra que acolle o edificio do antigo Banco de España. O grupo quedou ás 17.00 horas na estatua das Marías para logo ir camiñando ata o Museo. O acceso á exposición é gratuíto e despois o grupo irá tomar algo pola zona vella.

23 de febreiro de 2013
O club de ocio de Feafes Galicia en Vigo acode ao cine

O club de ocio de Feafes Galicia en Vigo acode o sábado 23 de febreiro a ver unha película ao Cine Salesianos, situado na rúa Venezuela. O grupo quedou ás 17.30 horas para acudir á sesión das 18 horas a ver Astérix e Obélix. Despois irán tomar algo.

23 de febreiro de 2013
O club de ocio de Lugo asiste ao partido de fútbol CD Lugo-Recreativo

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o sábado 23 de febreiro ao partido entre o C.D. Lugo e o Recreativo, grazas ás invitacións facilitadas dende o club deportivo lucense.

21 de febreiro de 2013
O club de ocio de Lugo participa no Programa Tempos da Deputación de Lugo

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o xoves 21 de febreiro ao "Programa Tempos" de actividades deportivas que organiza a Área de Deportes da Deputación de Lugo, que se levará a cabo no Pazo dos Deportes en horario de 18:30 a 20:30, todos os xoves ata o mes de maio.

17 de febreiro de 2013
O club de ocio de Feafes Galicia en Ourense celebra unha churrascada

O club de ocio de Feafes Galicia en Ourense celebra o domingo 17 de febreiro unha churrascada. O grupo quedou ás 13 horas no parque de San Lázaro para desprazarse a unha área recreativa ás beiras do Miño onde hai unha zona acondicionada para comer.

9 de febreiro de 2013
O club de ocio de Feafes Galicia en Vigo acode ao desfile de Entroido

O club de ocio de Feafes Galicia en Vigo acode este sábado, día 9, ao desfile de Entroido que se celebra nas rúas da cidade olívica a partir das seis da tarde. Os que se animen irán disfrazados e despois achegaranse a unha cafetaría a tomar algo.

28 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode ao cine

O club de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o luns 28 de xaneiro á ver unha película aos cines do centro comercial As Termas. O grupo quedou ás 19.30 horas para tomar algo e decidir que filme ver e acudirán á sesión das 20.30 horas.

25 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Ourense acode á obra de teatro Luces de Bohemia

O club de ocio de Feafes Galicia en Ourense acode o venres 25 de xaneiro á representación da obra de teatro Luces de Bohemia, de Valle-Inclán, polo grupo Teatro do Temple.

O grupo de ocio reúnese á as 20:00 horas no Auditorio de Ourense e a función comezará ás 20:30. As entradas son gratuítas grazas á doazón do concello. Tras finalizar a obra, o grupo irá a tomar algo para facer un intercambio de impresións sobre a representación teatral.

26 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Santiago visita a pista de xeo

O club de ocio de Feafes Galicia en Santiago acode o sábado 26 de xaneiro á pista de xeo situada na Alameda para patinar. O grupo quedou ás 16.00 horas na estatua Das marías. O acceso á pista será gratuíto grazas aos convites doados polo concello de Santiago.

Despois o grupo irá a tomar algo e, a continuación, asistirá ao partido de wáter-polo do equipo de Santiago, que se disputa ás 19 horas no estadio de Santa Isabel.

27 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Vigo visita unha exposición da Fundación Barrié

O club de ocio de Feafes Galicia en Vigo acode o domingo 27 de xaneiro á Fundación Pedro Barrié de la Maza, situada na rúa Policarpo Sanz da cidade olívica, para ver a exposición de Jessica Stockholder. A visita está prevista para as 18 horas e despois o grupo irá a tomar algo para facer un intercambio de impresións sobre a actividade.

26 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Lugo asiste ao partido de fútbol CD Lugo-Las Palmas

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o sábado 26 de xaneiro ao partido entre o C.D. Lugo e o Las Palmas, grazas ás invitacións facilitadas dende o club deportivo lucense.

13 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Lugo visita a pista de xeo

O club de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o domingo 13 de xaneiro á pista de xeo situada xunto ás Termas para patinar. O grupo quedou ás 12.00 horas e o acceso á pista é gratuíto grazas aos convites doados polo concello de Lugo. Despois o grupo vai comer nun establecemento do centro comercial.

15 de decembro de 2012
Comida de Nadal do club de ocio de Vigo

O club de ocio de Feafes Galicia en Vigo celebra o sábado 15 de decembro a comida de Nadal, no restaurante Casa Sotomayor, situado nunha rúa do centro da cidade olívica. Nela participan os integrantes do club, que estarán acompañados por familiares e amigos, así como pola monitora, voluntarios e traballadores da delegación de Feafes Galicia en Vigo.

15 de decembro de 2012
Cea de Nadal do club de ocio de Ourense

O club de ocio de Feafes Galicia en Ourense celebra o xoves 20 de decembro a cea de Nadal, no restaurante A Romántica, situado nunha rúa do centro da cidade das Burgas. Nela participan os integrantes do club, que estarán acompañados por familiares e amigos, así como pola monitora, voluntarios e traballadores da delegación de Feafes Galicia en Ourense.

28 de decembro de 2012
Cea de Nadal do club de ocio de Santiago

O club de ocio de Feafes Galicia en Santiago celebra o venres 28 de decembro a cea de Nadal, no restaurante Airas Nunes, situado nunha rúa do centro histórico da cidade. Nela participan os integrantes do club, que estarán acompañados por familiares e amigos.

6 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Lugo asiste ao partido de fútbol CD Lugo-Guadalajara

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Lugo acode o domingo 6 de xaneiro ao partido entre o C.D. Lugo e o Guadalajara, grazas ás invitacións facilitadas dende o club deportivo lucense.

21 de decembro de 2012
Cea de Nadal do club de ocio de A Coruña

O club de ocio de Feafes Galicia na Coruña celebra o venres 21 de decembro a cea de Nadal, no restaurante Garnet, situado nunha rúa do centro histórico da cidade. Nela participan os integrantes do club, que estarán acompañados pola monitora.

15 de decembro de 2012
Cea de Nadal do club de ocio de Lugo

O club de ocio de Feafes Galicia en Lugo celebra o sábado 15 de decembro a cea de Nadal, no restaurante O Portalón, situado nunha rúa do centro da cidade amurallada. Nela participan os integrantes do club, que estarán acompañados por familiares e amigos, así como pola monitora.

16 de decembro de 2012
O club de ocio de Santiago acode á proxección do Apóstolo

O club de ocio de Feafes en Santiago de Compostela acode o domingo 16 de decembro á proxección da película O Apóstolo, que terá lugar na sede da Fundación Novacaixagalicia, en Rúa do Vilar. Será a partir das 20 horas e a entrada custa 3 euros.

3 de xaneiro de 2013
O club de ocio de Ourense visita a pista de xeo

O grupo de ocio de Feafes Galicia en Ourense acode o próximo 3 de xaneiro, a partir das 18 horas, á pista de xeo situada no centro comercial Ponte Vella, para gozar dunha tarde de patinaxe. A actividade é gratuíta, xa que contamos con 10 convites. Tamén está previsto tomar algo nunha cafetaría e dar un paseo polo centro comercial.