Persoas célebres con enfermidade mental

ShareThis

David Beckham
(Leytonstone, Londres, 2 de maio de 1975)

David Beckham

Actualmente xoga en Los Angeles Galaxy e, anteriormente, desenvolveu toda a súa carreira deportiva no Manchester United e logo pasou a formar parte do Real Madrid. Ademais xogou coa selección de Inglaterra durante anos. É considerado por moitos como o mellor lanzador de tiros libres do mundo debido á súa gran precisión e potencia. En 1999 casou con Vitoria Adams e converteuse nunha estrela extra-deportiva de fama mundial.

O futbolista confesou que padece un trastorno obsesivo-compulsivo durante unha entrevista. O inglés recoñeceu unha obsesión por que todo estivese perfectamente ordenado: "Sufro unha desorde obsesivo-compulsiva que me obriga a pór os obxectos en liña recta ou por pares. Así, meto no refrixerador os botes de refresco e se me parece que hai un de máis, métoo en calquera armario".

Na entrevista, Beckham contou a súa forma de actuar cada vez que visita un hotel: "Cando entro na habitación, antes de relaxarme, teño que facer desaparecer todos os papeis e libros e metelos nun caixón. Todo ten que estar perfecto".

Catherine Zeta Jones
(Swansea, Gales, 25 de setembro de 1969)

Catherine Zeta Jones

É unha coñecida actriz que obtivo renome internacional tras participar na ‘Máscara do Zorro’ (1998), protagonizada xunto con Antonio Banderas. Ao longo da súa carreira, recibiu múltiples recoñecementos polos seus logros actorais, entre eles o premio Óscar pola súa interpretación no filme musical ‘Chicago’ e o premio Tony polo seu papel no musical ‘A little night music’.

O representante de Catherine Zeta-Jones confirmou que a intérprete ten trastorno bipolar de tipo II. "Logo de lidiar cun ano de moitísimo tensión a actriz tomou a decisión de ingresar nun hospital mental por un breve período de tempo para ser tratada", explicou o representante a través do comunicado que deu a coñecer a noticia. A enfermidade do seu marido Michael Douglas, que superou un cancro de gorxa, afectou moito á actriz, o que podería desencadear unha gran cantidade de tensión na súa vida.

John Forbes Nash Jr
(Bluefield, Virginia Occidental, 13 de xuño de 1928)

John Forbes Nash Jr

É un matemático estadounidense. En 1994, recibiu o Premio Nobel de Economía polas súas achegas á teoría de xogos e os procesos de negociación, xunto a Reinhard Selten e John Harsanyi.

Nash ten esquizofrenia e na década dos cincuenta comezou a ter delirios sobre supostas conspiracións e mensaxes cifradas. O investigador vía espías que lle seguían por todos os lados e críase vítima de criptocomunistas, ata o punto que chegou a pedir asilo político en Europa. Nash declarou que grazas "ao paso do tempo" logrou saír desa situación. No 2001 estreouse un film, ‘Unha mente marabillosa’, protagonizada por Russell Crowe e que contaba a súa historia, centrada na súa esquizofrenia.

Ernest Hemingway
(Oak Park, 21 de xullo de 1899 – Ketchum, 2 de xullo de 1961)

Ernest Hemingway

Foi un escritor e xornalista estadounidense, e un dos principais novelistas e escritor de contos do século XX. Gañou o Premio Pulitzer en 1953 por "O vello e o mar" e ao ano seguinte o Premio Nobel de Literatura pola súa obra completa.

O recoñecido escritor, autor doutras famosas novelas, como "Adeus ás armas", tiña trastorno bipolar e padecía tamén de paranoia, segundo explica Christopher Martin no libro "Ernest Hemingway: a Psychological Autopsy of a Suicide". A enfermidade mental tamén afectou a dos dos seus irmáns.

Marilyn Monroe
(Os Ánxeles, California, Estados Unidos, 1 de xuño de 1926 – Ibídem, 5 de agosto de 1962)

Marilyn Monroe

A artista, que realmente se chamaba Norma Jeane Baker, foi unha actriz de cine, cantante e modelo estadounidense. Co paso do tempo, chegou a ser unha das actrices máis famosas de Hollywood e está considerada unha das mulleres máis atractivas da historia.

Marilyn tiña trastorno límite da personalidade. Ademais de afectar á súa vida persoal, influíu na súa carreira. Por exemplo, debido aos seus cambios de ánimo, tiñan que suspender e renovar constantemente os ensaios dos filmes.

Justin Timberlake
(Memphis, Estados Unidos, 31 de xaneiro de 1981)

Justin Timberlake

É un cantante, compositor, produtor discográfico, bailarín, e actor que adquiriu fama por ser o principal vocalista da banda 'N Sync. No ano 2002 iniciou a súa carreira en solitario e gañou entre outros premios, seis Grammy e catro Emmy. Ademais, nos últimos anos tamén formou parte do reparto de varias películas.

Timberlake declarou sufrir un trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) que, segundo as súas palabras, afecta a varias partes da súa vida diaria. O cantante, quen tamén sofre trastorno por déficit de atención (TDAH), asegurou que “trata de vivir con iso pero é complicado”.

Jean-Louis “Jack” Kerouac
(Lowell, Massachusetts, 12 de marzo de 1922 - St. Petersburg, Florida, 21 de outubro de 1969)

Jean-Louis “Jack” Kerouac

Era un novelista e poeta estadounidense, integrante da Xeración Beat. É considerado un dos autores estadounidenses máis importantes do século XX e entre as súas obras máis coñecidas está ‘No camiño’, considerado o manifesto da Xeración Beat.

Jack Kerouac tiña esquizofrenia, pero coa axuda de medicamentos e apoio conseguiu levar unha vida normalizada. De todos os xeitos, a fama adquirida coas súas obras afectáballe, pola súa timidez á hora de enfrontarse ás entrevistas e os actos públicos.

Hugh Laurie
(11 de xuño de 1959, Oxford, Inglaterra)

Hugh Laurie

É un actor coñecido principalmente polo seu papel de Gregory House, protagonista da serie de televisión ‘House’. Grazas a esta interpretación, conseguiu o premio Globo de Ouro ao mellor actor dramático en dous anos consecutivos (2006 e 2007).

A finais de 2007, detectáronlle unha depresión grave. Niso influíu o afastamento da súa familia, que vivía en Reino Unido, mentres el rodaba a serie House en Estados Unidos.

Woody Allen
(Brooklyn, Nova York, 1 de decembro de 1935)

Woody Allen

Nacido como Allan Stewart Königsberg, é un director, guionista, actor, músico e escritor estadounidense gañador do premio Óscar en tres ocasións. É un dos directores máis respectados, influentes e prolíficos de era moderna.

É unha das celebridades que fala de xeito máis directo sobre as súas fobias. O director confesou en diversas ocasións que ao longo da súa vida tivo diferentes medos irracionais, como claustrofobia, terror aos insectos, á luz, ás alturas ou ás multitudes.