Institucións públicas

ShareThis

Consellería de Traballo e Benestar

1Conselleria_traballo.gif
Colabora con Feafes Galicia financiando diversas actuacións do Servizo de Inserción Laboral.
Dentro da convocatoria de Inclusión Social subvenciona un curso de operario de almacén en Lugo. Ademais, subvenciona o servizo de Información e Atención Sociofamiliar a persoas con enfermidade mental e os seus familiares.

Consellería de Sanidade

2Conselleria_sanidade.gif
Colabora con Feafes Galicia a través de varias liñas de actuación, como os servizos de Información e Atención Sociofamiliar, Atención Xurídica e Ocio e Deportes. Ademais, destina unha partida concreta ao programa de "Atención Precoz a Familiares".

Consellería de Presidencia

3conselleria_presidencia.gif
A través da secretaría xeral de Innovación Tecnolóxica, subvenciona o desenvolvemento dun sistema integral de xestión en Feafes Galicia.

Consellería de Medio Rural

4conselleria_mediorural.gif

Financia o curso "Recuperación de espazos naturais degradados", dirixido a demandantes de emprego do Servizo de Inserción Laboral de Feafes Galicia.

Deputación de A Coruña

5diputacion_coruna.gif
A través do seu departamento de Servizos Sociais, subvenciona o proxecto "Prospección de emprego para persoas con enfermidade mental de Feafes na Coruña", así como o "Programa de Atención Temperá a persoas con enfermidade mental e as súas familias".

Deputación de Ourense

6deputacion_ourense.gif
O organismo provincial financia o "Servizo de intermediación e inserción laboral para persoas con enfermidade mental" de Feafes Galicia en Ourense.

Diputación de Lugo

7diputacion_lugo.gif
As áreas de Deportes e Cultura colaboran co Servizo de Ocio e Deportes de Feafes en Lugo. Ademais, o departamento de Benestar colabora co Servizo de Inserción Laboral co "Proxecto de Intermediación laboral".

Diputación de Pontevedra

8Diputacion_de_Pontevedra.gif
O departamento de Servizos Sociais subvenciona actividades de difusión e divulgación do Observatorio de Emprego de Persoas con Enfermidade Mental (OEDEM), enmarcadas dentro do Servizo de Inserción Laboral.
Ademais, a institución provincial realiza o proxecto Practicum, de prácticas non laborais en empresas. Pola súa banda, a Concellaría de Deportes colabora na realización de actividades de ocio para persoas con enfermidade mental e respiro familiar dos seus coidadores.

Concello de Ourense

10concello_ourense.gif
O departamento de Benestar Social colabora no servizo de Prospección e Inserción Laboral de Feafes e a área de Cultura co servizo de Ocio e Deportes. Ademais, a Concellería de Sanidade colabora todos os anos na adquisición de material divulgativo que Feafes distribúe na feira 'Un paseo pola saúde'.

Concello de Lugo

11concello_lugo.gif
Os departamentos de Benestar Social e Igualdade e de Economía e Emprego colaboran co servizo de Inserción Laboral de Feafes Galicia en Lugo.

Concello de Vigo

12concello_vigo.gif
A concellaría de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá colabora co Servizo de Inserción Laboral
realizando actividades de sensibilización, como as Xornadas de Saúde Mental e Emprego. Ademais, o departamento de Medio Ambiente, Saúde e Consumo colabora cedendo espazos para formación.

Concello de Santiago de Compostela

13concellosantiago.gif
Colabora con Feafes Galicia a través da cesión de salas nos centros socioculturais, onde se celebran unha serie de cursos e actos da nosa entidade.

Centros Quérote+

logoquerotemais.png

Os centros Quérote+ son un servizo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, de asesoramento, información e formación en temas de sexualidade, imaxe corporal, convivencia, uso responsable das TIC's e fomento de hábitos saudables. Colaboran coas asociacións que integran Feafes Galicia ofrecendo de maneira gratuita asesoramento a técnicos e actividades cos usuarios.