Empresas e entidades privadas

ShareThis

Real Club Náutico de A Coruña

realclubnautico_coruna.gif
Ofrece cursos de vela e "bautismos de mar" para persoas con enfermidade mental, que teñen á súa disposición todos os equipamentos e materiais necesarios. Ademais, contan coa axuda e supervisión de monitores especializados.

Deportivo de La Coruña

deportivo.gif

O club cede, ao longo da campaña, entradas para que os nosos usuarios poidan acudir a algúns dos partidos que se disputan en Riazor, o que lles permitiu gozar de encontros de Primeira e Segunda División.

Obradoiro C.A.B.

obradoirocab.gif
O club santiagués regala entradas ao longo de toda a tempada para que os usuarios de Feafes poidan acudir aos partidos do Obradoiro, que actualmente xoga na máxima categoría do baloncesto español, a Liga ACB. Ademais, a pasada tempada o club organizou un partido dedicado a Feafes Galicia.

Confederación de Empresarios de A Coruña

confederacion_empresarios_coruna.gif
A entidade colabora con Feafes Galicia a través da cesión de aulas de formación para a impartición de cursos a usuarios do Servicio de Inserción Laboral.

Fundación NovaCaixaGalicia

novacaixagalicia.gif
Colabora prestando de xeito gratuíto os seus salóns de actos para acoller actividades de Feafes Galicia e pon á nosa disposición as súas aulas para organizar cursos de formación. Ademais, outorga cada ano unha axuda económica para financiar as actividades da nosa entidade.

Gadisa

logo_gadisa.gif
Aporta diversos produtos para os participantes no campionato de fútbol sala organizado por Feafes Galicia

Begano

logo-begano.gif
Contribúe coa doazón de produtos alimentarios para os participantes na final do campionato de fútbol sala de Feafes Galicia