Quen somos
A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995 e que actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega.
A misión de FEAFES Galicia consiste na mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias e/ou coidadores, a defensa dos seus dereitos e a representación e defensa do movemento asociativo Feafes en Galicia, brindando apoio e coordinación ás asociacións que a integran. A través das asociacións e das nosas delegacións estamos presentes activamente nunha trintena de localidades galegas e representamos ao colectivo de persoas con enfermidade mental da comunidade, das que máis de 39.000 teñen certificado de discapacidade
A quen nos diriximos?
- Á persoa con enfermidade mental e aos seus familiares
- Aos profesionais relacionados coa saúde mental
- Á sociedade en xeral
Os nosos obxectivos
O traballo que desenvolvemos en Feafes Galicia oriéntase a buscar a mellora da calidade de vida e o día a día das persoas con enfermidade mental. Para iso:
- Prestamos atención personalizada, asesoramento e información
- Damos apoio aos familiares
- Traballamos para defender os dereitos das persoas con enfermidade mental e os seus familiares
- Realizamos labores de sensibilización, promocionando a saúde a mental e loitando contra o estigma que sofren as persoas con enfermidade mental
- Traballamos para aumentar as posibilidades de inserción laboral, ofrecendo orientación, formación e intermediación coas empresas
- Programamos actividades de lecer, entre as que se inclúen excursións, viaxes ou deportes
- Ofrecemos asesoramento legal e pomos a disposición dos usuarios pisos tutelados e vivendas
- Traballamos pola participación e o empoderamiento de persoas con enfermidade mental.
Apostamos pola calidade
Un dos retos fundamentais aos que nos enfrontamos consiste en prestar servizos a un maior número de persoas sen que se resinta a súa calidade. Por esta razón, desde Feafes Galicia facemos unha aposta importante por implementar procesos de calidade.
Este camiño comezou en 2007, cando un dos nosos servizos máis emblemáticos, o de inserción laboral, conseguiu a certificación ISO 9001:2008, un recoñecemento que indica que se cumpren os requisitos para un bo sistema de xestión da calidade. Ademais, desde 2009 somos unha das poucas entidades galegas que obtivo a certificación para toda a entidade do sistema de excelencia europea EFQM, un dos modelos de calidade máis estendidos e que gozan de maior prestixio en Europa.







