Atención ás asociacións
Información, apoio técnico e coordinación
Feafes Galicia está formada por 14 asociacións, con centros e servizos en 28 localidades da comunidade autónoma. A federación é o punto de encontro que as agrupa a todas e tamén o organismo que lles facilita información e apoio técnico. Ademais, desde Feafes coordinamos actividades, proxectos e campañas de ámbito autonómico xestionadas a través da Federación.
Representación institucional
A misión de Feafes Galicia inclúe a representación das asociacións que integran a federación galega. Coa unión do movemento asociativo, temos máis forza á hora de facer chegar as nosas peticións ás diferentes institucións e loitar pola mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental. Ademais, esta unión fainos máis visibles para difundir a nosa mensaxe entre a sociedade.
Formación para profesionais
En Feafes Galicia, a formación continua dos profesionais é prioritaria. Ofrecemos formación a profesionais que traballan no ámbito da atención ás persoas con enfermidade mental e organizamos xornadas e cursos, en función das demandas que nos realizan estes profesionais.







