Prevención e promoción da saúde mental
Libro verde. Mellorar a saúde mental da poboación
Estratexia da Unión Europea para a mellora da saúde mental da poboación
Guía de ayudas sociales para las familias 2011
Esta undécima edición da guía contén información áxil e sinxela sobre as axudas sociais a nivel estatal para aquelas/es cidadás que formaron unha familia ou o van facer nun futuro próximo. As axudas correspondentes ás familias con persoas en situación de dependencia encóntrase entre as páxinas 87 e 109.
Informe Inesme 'Presente e futuro das enfermidades mentais máis prevalentes'
Informe do Instituto de Estudos Médico Científicos que realiza unha radiografía da situación da psiquiatría en España e achega datos de grande interese, como que un de cada catro individuos en idade adulta pode chegar a padecer algunha destas enfermidades ao longo da súa vida e ata o 11% da poboación infantil encóntrase en risco de desenvolver unha mala saúde mental. Inclúe un artigo do presidente da Confederación Feafes, José María Sánchez Monge, sobre a loita contra o estigma.
Resumen das reflexións de asociacións europeas sobre o Libro Verde da Saúde Mental
As entidades internacionais Mental Health Europe e Eufami, organizacións das que FEAFES é membro de pleno dereito, participan na comisión de traballo en torno ao Libro Verde da Saúde Mental. Ambas as dúas presentaron as súas achegas á Comisión Europea. Este documento recolle as reflexións e visións de diferentes organizacións de ámbito europeo en torno ao Libro Verde da Saúde Mental e o proceso de creación dunha estratexia europea en materia de Saúde Mental.
XI Xornadas de FEAFES: si á atención, non á exclusión
Relatorios das XI Xornadas FEAFES, celebradas en Santiago de Compostela, no ano 2001. Inclúe os relatorios das seguintes mesas redondas: "Situación da saúde mental en Galicia", "A inclusión social a través da rehabilitación psicosocial e integración laboral", "Integración da persoa con enfermidade mental na sociedade", "A enfermidade mental nos medios de comunicación".
Campaña nacional 'Toda una vida para mejorar'
Estudo sociolóxico sobre as enfermidades mentais graves realizado en 2005 que recolle os datos de Galicia
Guía de Orientación Laboral para persoas con enfermidade mental
Guía elaborada por Feafes Galicia dirixida a persoas con enfermidade mental para orientalas á hora de buscar un posto de traballo
Declaración de Saúde Mental para Europa
"Declaración de Saúde Mental para Europa. Afrontando os retos, crear solucións", elaborado pola Organización Mundial da Saúde en xaneiro de 2005 en Helsinki.
Manifesto do Cermi con motivo do Día Mundial da Saúde de 2006
Manifesto da Comisión de Promoción da Saúde do Cermi estatal titulado "Polo desenvolvemento e implantación dunha atención socio-sanitario de calidade", realizado con motivo do Día Mundial da Saúde de 2006.
Manifesto do Cermi estatal con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade de 2005
Posición do movemento asociativo articulado da discapacidade ante a futura regulación legal da promoción da autonomía persoal e a atención ás situacións de dependencia.
As persoas sen fogar en Galicia
Estudo sobre a realidade social do colectivo e propostas para a mellora da súa calidade de vida. Este traballo ten como obxectivo coñecer as características e situación das persoas sen fogar en núcleos urbanos de Galicia, ademais da definición de políticas que favorezan a inclusión social das devanditas persoas. Inclúe recomendacións para a atención á saúde mental.
Estudio sobre a realidade sociolaboral das persoas con discapacidade: Galicia
Esta investigación ten como obxectivo analizar a realidade do colectivo das persoas con discapacidade no mercado de traballo, situación social e laboral. Ademais, recomenda accións que melloren a integración laboral.
Plan de acción integral para as persoas con discapacidade. Galicia, 2010-2013
Este documento presenta o Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013 (PAIPDG), a través do que se pretende avanzar na consecución da plena participación das persoas con discapacidade na sociedade e na integración das cuestións que máis afectan a este colectivo en todos os ámbitos de actuación. Aprobado polo Consello do Goberno da Xunta de Galicia o 10 de decembro de 2010.
Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade
Texto da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade elaborado pola ONU.
Servizo de Promoción da autonomía persoal para persoas con discapacidade en situación de dependencia
No ano 2007, COGAMI pon en marcha o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas con minusvalidez en situación de dependencia para buscar unha solución á situación planteada,con basee legalen a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia,y que ten porfinalidad dispoñer e ordenar os recursos, e apoios de toda índole que contribúan eficazmente a incrementar ata o máximo grao posible a autonomía e a vida independente das persoas con minusvalidez en situación de dependencia e/ou necesidadesde asistencia para a súa autodeterminación.
2º Manifesto dos dereitos das mulleres e as nenas con discapacidade da Unión Europea (ed. inglés e francés)
Manifesto da Unión Europea elaborado en maio de 2011, pensado como unha ferramenta para activistas e políticos.
A discapacidade nas fontes estatísticas oficiais
Análise formal e de contido sobre discapacidade, en enquisas e outras referencias do Instituto Nacional de Estatística (INE)
Dereitos Humanos e Discapacidade. Informe España 2010
Informe elaborado pola Delegación do CERMI para a Convención da ONU sobre dereitos humanos e discapacidade en España en 2010.
Estratexia de acción pública en materia de cultura inclusiva. Proposta do CERMI
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) presenta esta proposta de estratexia de cultura inclusiva ou para todas as persoas, como modelo orientativo para as administracións públicas á hora de implantar políticas culturais que teñan en conta a diversidade humana que supón a discapacidade.
A responsabilidade social empresarial no ámbito da discapacidade RSE-D. Dimensión, contido e tendencias en época de crise
Documento elaborado pol Cermi sobre a responsabilidade social empresarial no ámbito da discapacidade RSE-D en época de crise.
Os dereitos das persoas con discapacidade na Lei 39/2006, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia
Informe sobre o impacto da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade na Lei 39/2006, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia. Elaborado polo Instituto de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas.
Os mozos con discapacidade en España. Informe de situación 2010
Neste documento preséntanse os principais resultados dunha investigación social, a primeira destas características acometida en España, sobre a situación dos mozos con discapacidade no noso país. O estudo aborda as principais dimensións fundamentais a ter en conta respecto á realidade das persoas con discapacidade entre 15 e 30 anos, con especial atención ás súas necesidades e expectativas.
O impacto da crise económica nas persoas con discapacidade e as súas familias
Estudo realizado polo Cermi en 2009 para coñecer como afecta a crise económica ás persoas con discapaciade en España e en que medida existen ou se están a poñer en marcha actuacións para reducir as consecuencias da crise económica sobre este grupo social.
Panorámica da discapacidade en España
Enquisa de Discapacidade, Autonomía persoal e situacións de Dependencia realizada en 2008 polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Indicadores sociais sobre discapacidade e análise da situación das persoas con discapacidade con enfoque de xénero
Extenso informe elaborado polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte que recolle información estatística sobre a situación da discapacidade en España.
Da exclusión á igualdade: Cara ao pleno exercicio dos dereitos das persoas con discapacidade
Manual para parlamentarios sobre a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade e o seu Protocolo Facultativo. Elaborado por Nacións Unidas.
A igualdade de trato no emprego. Guía práctica
Breve guía elaborada pola Fundación Once dirixida tanto a traballadores e traballadoras con discapacidade coma a empregadores que recolle os dereitos e obrigas para conseguir a igualdade de trato no emprego.
Guía de recursos para alumnado con discapacidade
Guía elaborada polo Cermi e o Ministerio de Educación e Ciencia que recolle con detalle todos os recursos para alumnado con discapacidade. Abrangue os diferentes niveis educativos, así como todas as comunidades autónomas.
Protección patrimonial das persoas con discapacidade
Breve documento elaborado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais que axuda ás persoas con discapacidade e aos seus familiares e/ou titores a resolver as súas dúbidas sobre a lexislación entorno ao patrimonio da persoa con discapacidade.







