Normas e leis relacionadas coa saúde mental

ShareThis
Emprega o buscador para localizar contido

Convenio colectivo galego que regula os Centros Especiais de Emprego

Resolución do 14 de marzo de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego.

Posicionamento de Feafes Galicia perante a Lei de Autonomía Persoal

Documento que recolle as demandas de Feafes Galicia perante a Lei de Autonomía Persoal, xa que as persoas con enfermidade mental e as súas familias piden diferentes demandas de apoio

Ley de Protección de Datos de Carácter Persoal

Texto da Lei de Protección de Datos Persoais, publicado o 14 de decembro de 1999 no Boletín Oficial do Estado. A Lei Orgánica ten por obxexcto garantir e protexer, no que se refire ao tratamento de datos persoais, as liberdades públicas e dereitos fundamentais dos individuos e, especialmente, a súa honra e intimidade persoal e familiar.

Propostas de mellora do marco normativo dos menores con discapacidade en España

Documento elaborado polo Cermi que recompila todas as propostas para mellorar a lexislación relacionada cos menores con discapacidade en España.

O impacto da Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade na lexislación educativa española

Documento que pon de manifesto que a lexislación educativa española precisa dunha reforma urxente, para que o Estado Español cumpra coas súas obrigas de acordo co artigo 24 da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Guía de boas prácticas sobre acceso e tutela dos dereitos de las personas con discapacidad en la Administración de Justicia

Guía de boas prácticas sobre acceso e tutela dos dereitos das persoas con discapacidade na Administración de Xustiza, segundo a Convención da ONU e Regras de Brasilia. Documento elaborado polo Consello Xeral do Poder Xudicial.

Guía práctica sobre a incapacidade xudicial e outras actuacións en beneficio das persoas con discapacidade

Extensa e completa guía que recolle información sobre actuacións xurídicas en beneficio de persoas con enfermidade mental. Foi elaborada pola Fundación Xienense de Tutela e esta é a súa 3ª edición corrixida e aumentada.

O significado da accesibilidade universal e a súa xustificación no marco normativo español

Guía básica sobre as principais pautas a seguir na preparación e execución de prácticas, normativas e decisións dirixidas á satisfacción do principio de accesibilidade universal.