Acción social e atención á discapacidade
Diminución da dependencia para persoas con enfermidade mental 'Actividades da vida diaria'
Programa dirixido a persoas con enfermidade mental para que poidan realizar un conxunto de actividades primarias da persoa encamiñadas ao seu autocoidado e mobilidade, que lle dotan de autonomía e independencia elementais e lle permiten vivir sen precisar axuda continua doutros.
Programa de atención a persoas con enfermidade mental en situación de dependencia no medio rural galego
Programa dirixido a manter a persoa con enfermidade mental no seu ámbito comunitario cunha calidade de vida digna, concretándose na implicación do propio usuario na súa rehabilitación, participación da familia no proceso de recuperación e implicación da comunidade.
Cartera de servizos para persoas dependentes, prevención da dependencia e promoción da autonomía personal
Este documento recompila a totalidade dos servizos e recursos sociais dispoñibles para a atención a persoas en situación de dependencia, fomentando a autonomía persoal das devanditas persoas. A carteira de servizos destinada á atención ás persoas con enfermidade mental encóntrase entre as páxinas 210 e 233. Neste documento participou activamente FEAFES Galicia.
Plan estratéxico de Saúde Mental 2006-2011
O Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2006-2011, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 5 de outubro de 2006, pretende lograr unha atención integral aos problemas de saúde mental equitativa, eficiente e de calidade.
Modelo de Plan de Acción Local para a inclusión das persoas con discapacidade 2012-2015
Documento do Cermi estatal dirixido por Agustín Huete García e Antonio Sola Bautista.
Guía de recursos específicos para persoas con discapacidade 2011
Guía de recursos para informar ás persoas con discapacidade, ás súas familias e á pobocación xeral sobre os programas, servizos, vivenda, beneficios fiscais... que están ofertados especificamente para este colectivo de acorco co disposto nas normativas vixentes para o 2011.
Voluntariado e Discapacidade. Manual para o Voluntariado
Documento elaborado por Cogami que recolle toda a información necesaria para a realización de actividades de voluntariado.
Manual de Boas Prácticas de Voluntariado
O propósito deste documento é o de establecer criterios orientadores do que pode ser unha boa práctica na organización dun servicio de voluntariado con persoas con discapacidade.
Voluntariado e Discapacidade. Manual para formadores
Este documento é unha guía dirixida aos coordinadores de voluntariado da Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), co fin de ser utilizada na formación dos/as voluntarios/as.
Voluntariado e Discapacidade. Manual para Xestores de Voluntariado
Guía dirixida aos xestores de voluntariado elaborada pola Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), co fin de ser utilizada na organización dos/as voluntarios/as.
Convenio de colaboración entre o Sergas e a Consellería de Traballo e Benestar para a atención a persoas con enfermidade mental
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Traballo e Benestar para a incorporación de persoas con trastorno mental de duración prolongada e curso crónico en situación de discapacidade e/ou dependencia institucionalizados en instituciones psiquiátricas, a residencias de promoción da autonomía ou atención á dependencia, vinculados á Consellería de Benestar.
Manual Práctico de Implantación de Políticas de RSE - Discapacidade nas empresas
Manual de orientación e apoio ás empresas para a implantación de estratexias e políticas de responsabilidade social empresarial en relación coa discapacidade.
Plan de Igualdade de Xénero para Entidades da Discapacidade do Terceiro Sector
Guía elaborada polo CERMI que, ademais de facilitar o desenvolvemento de Plans de Igualdade nas entidades da discapacidade do terceiro sector, pode lograr a visibilidade das mulleres con discapacidade.
Pobreza, Discapacidade e Dereitos Humanos
Documento que recolle unha aproximación aos custos extraordinarios da discapacidade e a súa contribución á pobreza dende un enfoque baseado nos dereitos humanos.
Dereitos e Servizos Sociais. Por un Sistema de Servizos Sociais universal, garantista e de calidade
"Dereitos e Servizos Sociais. Por un Sistema de Servizos Sociais universal, garantista e de calidade: un dereito básico para a igualdade e o desenvolvemento humano". Análise, toma de posición e ferramentas para avaliar e promover avances nos marcos normativos das Comunidades Autónomas.
Informe sobre a situación das persoas con discapacidade no ámbito tributario e propostas de mellora para o período 2010-2012
Informe elaborado polo Cermi que ten por obxecto a consideración global daqueles beneficios e incentivos fiscais que, por razón da discapacidade, son contemplados na regulación dos distintos impostos que configuran o noso sistema tributario.
Guía para a elaboración dun plan de atención ao alumnado con discapacidade na Universidade 2010
Guía elaborada polo Cermi que recolle todos os puntos da atención ao alumnado con discapacidade na Universidade.
Discapacidade, Terceiro Sector e Inclusión Social
Informe do Cermi elaborado por varios autores sobre a discapacidade, o terceiro sector e a inclusión social en homenaxe a Paulino Azúa Berra.
Trátase da capacidade. Unha explicación da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade
Documento elaborado por Unicef para explicar de maneira amena e sinxela aos lectores a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade.
O emprego público: Un horizonte laboral para as persoas con discapacidade
Breve guía elaborada polo Comité Xurídico do Cermi para dar a coñecer as posibilidade de acceso ao emprego público por parte das persoas con discapacidade.
Sanitas. Guía de buenas prácticas
Guía de Boas prácticas no acceso e atención das persoas con discapaciade no sector sanitario privado español elaborada por Sanitas en colaboración co Cermi.
As persoas inmigrantes con discapacidade en España
Documento elaborado polo Observatorio permanente da inmigración que analiza a situación das persoas inmigrantes con discapacidade en España.
Promoción da igualdade de oportunidades, accesibilidade e calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias no ámbito sanitario
Informe completo de conclusións, propostas e recomendacións: Promoción da igualdade de oportunidades, accesibilidade e calidade de vida das persoas con minusvalidez e as súas familias no ámbito sanitario. Investigación sobre lexislación, políticas e prácticas desenvolvidas na Unión Europea. Elaborado por Fundación Sanitas e Teléfonica.
Inclusión das persoas con discapacidade. Estratexia europea de igualdade de oportunidades
Breve documento elaborado pola Unión Eurioea que recolle a estratexia europa para a inclusión de persoas con discapacidade.
Libro Blanco sobre Universidade e Discapacidade
Este Libro Branco sobre Universidade e Discapacidade ten entre os seus obxectivos describir e analizar a situación dos estudantes universitarios con discapacidade e identificar as deficiencias e debilidades do sistema universitario, así como as boas prácticas no ámbito universitario con respecto á discapacidade. Ademais, propón accións de mellora para garantir a igualdade de oportunidades e a accesibilidade dos estudantes con discapacidade á universidade.
A discapacidade no medio rural
Traballo realizado por Javier Charroalde e Daniel Fernández que realiza unha síntese da situación das persoas con discapacidade no medio rural e que propón unha serie de actuacións para mellorar a súa calidade de vida.
Included in Society
Resultados e Recomendacións da Iniciativa Europea de Investigación sobre Alternativas Residenciais Comunitarias para Persoas con Discapacidade.







