spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio arrow Boletín
Sabía que...
Entre o 70% e o 80% das persoas con enfermidade mental están en situación laboral de desemprego
Boletín
Premios INTRAS 2009 PDF Imprimir E-mail
abril 2009

ImageO prazo de presentación de candidatos finaliza o 30 de abril de 2009.

En 1999, o Padroado da Fundación INTRAS creou os Premios INTRAS para destacar e galardoar accións a favor das persoas con enfermidade mental. Desde entón, anualmente recoñécese o labor daquelas persoas, entidades e medios de comunicación que, por unha acción individual ou unha traxectoria no tempo, destaquen polo seu traballo en favor da integración das persoas que conforman este colectivo.
Ler máis...
Premios CERMI 2009 PDF Imprimir E-mail
marzo 2009

ImageO Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) vén agradecendo de forma pública o labor realizado polos elementos máis dinámicos e comprometidos da sociedade en favor dos dereitos, a participación comunitaria e a plena cidadanía das persoas con discapacidade e as súas familias.

A tal fin, o CERMI instituíu uns Premios de ámbito nacional, baixo a denominación de cermi.es, nome do seu órgano oficial de comunicación, que aspiran a constituír un recoñecemento e unha manifestación de gratitude á solidariedade demostrada pola sociedade cos obxectivos defendidos pola representación das persoas con discapacidade e as súas familias.

Ler máis...
A mostra 'Puro Arte' inica unha exposición itinerante polos hospitais de Burgos PDF Imprimir E-mail
febreiro 2009
ImageAs obras que se expoñen foron as premiadas nos dous concursos nacionais de pintura para persoas con enfermidade mental, auspiciados pola Asociación Pro Saúde Mental de Burgos (PROSAME FEAFES-Burgos), membro da Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental FEAFES, e o Servizo de Psiquiatría do Complexo Asistencial de Burgos. Ademais, contaron coa colaboración da Fundación AstraZeneca.
Ler máis...
Xornadas do INICO: A Saúde Mental en Discapacidade PDF Imprimir E-mail
xaneiro 2009

ImageAs VII Xornadas Científicas de Investigación sobre Persoas con Discapacidade, organizadas polo Instituto Universitario de Integración na Comunidad (INICO) da Universidade de Salamanca terán lugar este ano entre o 18 e o 20 de marzo na capital salmantina e centradas na saúde mental en discapacidade, entre outros temas principais.
Ler máis...
Exposición de Pintura de Persoas con Enfermidade Mental 'Puro Arte' 2008 PDF Imprimir E-mail
decembro 2008

ImageO vindeiro 4 de decembro - e con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade- vai ter lugar o acto de inauguración da exposición de pintura "Puro Arte" integrada na súa totalidade por obras realizadas por persoas con enfemidade mental.

Dito acto estará presidido pola Directora Xeral do IMSERSO,  Dª Pilar Rodríguez Rodríguez.

18.00 horas na SEDE CERMI, C/ Recoletos, 1, 28001-Madrid

Máis información:       
                                     
91 360 16 78 /
91 507 92 48 /

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 36
spacer.png, 0 kB