Cales son os límites entre o normal e o patolóxico?
Conceptos como saúde mental ou enfermidade mental adoitan ser de difícil definición. Podemos sinalar, entre outras, tres causas:
- O contido destes é, en boa medida,
valorativo. As distintas interpretacións dos síntomas e procesos, tanto
afectivos como comportamentais, que se utilizan para diferenciar entre
san ou enfermo varían segundo as representacións sociais e as
concepcións morais e filosóficas dominantes en cada cultura e período
histórico.
-
Os procesos psicolóxicos asociados coa
saúde ou a enfermidade mental pódense describir de diferentes maneiras
segundo os diferentes modelos psicolóxicos ou médicos.
-
Existen criterios diferentes para a
definición de saúde ou enfermidade mental. Ambos conceptos non son
condicións que permitan definir unha como a ausencia da outra. Unha
persoa pode ter problemas de saúde mental e non estar mentalmente
enferma. Mentres que os parámetros convencionais para definir a
enfermidade mental seguen criterios de diagnóstico consensuados, os
estudos sobre saúde mental consideran esta como un continuo no que se
reflicten diferentes graos de deterioro psicolóxico.
Os dous conceptos abranguen tanto a expresión de problemas de
tipo emocional, cognitivo e comportamental, como realidades simbólicas,
construídas cultural e historicamente na propia interacción social.
Con todo, existen aproximacións e diversas perspectivas para aclarar o
que é enfermidade mental: a estatística, a clínica e a social.
-
Desde a perspectiva estatística,
considérase psiquicamente normal, todo aquel que se comporte e actúe
como a maioría das persoas.
-
Desde a perspectiva clínico-médica,
unha desorde mental sería aquel comportamento desadaptativo que non
leva a ningún resultado concreto.
-
Desde o punto de vista social, a
enfermidade mental suporía unha incapacidade de axuste e integración do
individuo no seu medio.
-
As alteracións físicas son, pois, consecuencia dun conglomerado de factores que se producen basicamente en tres niveis:
- biolóxico (alteracións bioquímicas, metabólicas e mesmo anatómicas),
- psicolóxico (aprendizaxe, vivencias, complexos)
- social (ambiente, cultura).
Algunhas
características comúns na maioría das enfermidades mentais son:
* Reducción ou perda de liberdade do suxeito fronte a si mesmo.
* Aparición de estructuras psíquicas novas e cualitativamente distintas ás que teñen as persoas sas.
* Alteración no control da realidade e na interacción social.
* Dificultades no control instintivo.
* Dificultades para obxectivar alteracións morfolóxicas e funcionais.