spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio arrow Saúde mental arrow A atención comunitaria
Sabía que...
O 25% da poboación sofre un trastorno mental ao longo da súa vida
A atención comunitaria PDF Imprimir E-mail

As persoas que padecen un trastorno mental atravesan etapas críticas en que a sintomatoloxía irrompe con máis forza. Cando teñen lugar estas situación críticas, a persoa afectada necesita coidados médicos, protección e apoio. En moitas ocasións mesmo é necesaria a hospitalización. Cando o paciente afectado se recupera e alcanza un nivel adecuado de compensación, debe diminuír a protección e tanto o equipo terapéutico coma a familia deben esixirlle que vaia recuperando pouco a pouco a normalidade; primeiro no seu coidado e aseo persoal, despois nas tarefas de colaboración na vida doméstica e máis tarde nas actividades ocupacionais e amizades e, se for posíbel, nos estudos ou traballo.

Image


O tratamento das enfermidades mentais esixe unha ampla abordaxe que vai dos aspectos médicos e farmacolóxicos aos sociais e económicos pasando polos psicolóxicos e psicoterapéuticos. De forma illada, ningún destes aspectos constitúe unha resposta terapéutica efectiva.

 


UNHA ADECUADA ATENCIÓN DEBE CUBRIR AS MÚLTIPLES NECESIDADES  DA PERSOA E DO SEU CONTORNO.

A ATENCIÓN DEBE DESENVOLVERSE PRIORITARIAMENTE NA COMUNIDADE.

spacer.png, 0 kB