FEAFES
Historia
| Sabía que... | ||
|---|---|---|
|
||
| Historia |
|
|
|
|
Para poder entender a situación actual da enfermidade mental en
Galicia, é preciso facer un breve recordatorio da situación herdada e da súa
problemática.
Historicamente, a carga asistencial xerada polos enfermos
mentais recaeu sobre a familia, solucionándose os casos máis extremos, de
maneira inadecuada, co internamento nos hospitais psiquiátricos, onde o
tratamento e a atención recibidos eran lamentábeis.
Esta situación herdada propiciou o xurdimento, a principios da década dos oitenta, dun movemento social favorábel a reforma psiquiátrica. O descubrimento dos “neurolépticos” contribuíu a que a reforma prosperase en España e a cristalización deste proceso concrétase coa promulgación da “Lei Xeral de Sanidade” de 1986, que, mediante o seu artigo 20, declara como obxectivo o acabar co secular ostracismo padecido polos enfermos mentais até o momento. A principal consecuencia da reforma psiquiátrica foi o fenómeno coñecido como “desinstitucionalización”, cuxa consecuencia principal foi o peche dos hospitais psiquiátricos. Ao non se crearen dispositivos alternativos, dita clausura obrigou as familias das persoas con enfermidade mental a asumir toda a carga no coidado e atención do colectivo afectado. No entanto, nos numerosos casos en que esta situación non se produciu os resultados foron a marxinación e a rúa. O movemento asociativo galego xorde neste contexto de reforma psiquiátrica co nacemento de dúas asociacións dedicadas á defensa dos dereitos dos enfermos mentais. As pioneiras foron a “Asociación Pro Enfermos Mentales” (A Coruña, 1980) e a “Asociación de Ayuda al Enfermo Psíquico” (Vigo, 1987). Unha segunda etapa do movemento hai que situala nos anos 90, decenio durante o que se xeneraliza o movemento asociativo por toda a xeografía galega. A “Asociación Pro Salud Mental LAR” (Vilagarcía de Arousa) constitúese no ano 1990. Con posterioridade ao “Decreto 3891994, regulador da enfermidade mental en Galicia” (DOG nº 1 de 2 de xaneiro de 1995), o movemento asociativo continúa estendéndose por toda Galicia, dando lugar ao xurdimento de novas asociacións, concretamente:
![]() O corolario a todo este proceso é a creación de FEAFES GALICIA no ano 1995, como resultado natural da organización dun sector necesitado dun foro de encontro, debate, reflexión e acción que permitise avanzar no proceso de normalización da enfermidade mental en Galicia. |












