spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio arrow FEAFES
Sabía que...
Entre o 70% e o 80% das persoas con enfermidade mental están en situación laboral de desemprego
FEAFES PDF Imprimir E-mail

A "Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia" (FEAFES GALICIA) nace en xaneiro de 1995, promovida polas Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais existentes en Galicia nese momento, coa finalidade de actuar como representante e canalizadora dos dereitos e necesidades do movemento asociativo do colectivo de persoas con enfermidade mental e as súas familias na Comunidade Autónoma Galega.

Na actualidade está composta por 14 asociacións distribuídas por toda a xeografía galega e é a entidade representativa no ámbito autonómico das 24.477 personas afectadas por este tipo de incapacidade e os seus familiares en Galicia. Tendo en conta que os trastornos mentais afectan a todos os aspectos da vida da persoa (saúde, familia, relacións sociais, traballo, etc.), FEAFES GALICIA e as súas asociacións membro realizan accións dirixidas a mellorar, na medida do posíbel, as condicións de vida destas persoas e os seus familiares. 

FEAFES Galicia pertence, á súa vez, ás seguintes organizacións:

Image

FEAFES (Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Enfermos Mentales) www.feafes.com e,  a través dela, ás seguintes entidades:

  • Federación Europea de Familiares de Enfermos Mentales (EUFAMI) www.eufami.org
  • World Federation for Mental Health (WFMH) www.wfmh.com
  • World Schizophrenia Fellowship (WSF)
  • Mental Health Europe (ERC)
  • CERMI Galicia (Comité de Entidades Representantes de Minusválidos de Galicia) e, a través del, ao:
  • Comité Español de Representantes de Minusválidos (CERMI) www.cermi.es
spacer.png, 0 kB