|
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE FEAFES GALICIA E A CONSELLERÍA DE SANIDADE |
|
|
|
FEAFES Galicia firmou un convenio de colaboración coa consellería de Sanidade que financiará os servizos de Ocio e Deportes, Asesoría Xurídica e o Departamento de Comunicación da entidade galega. O Presidente da Federación Galega, José Ramón Girón García, reuniuse o pasado 21 de Xuño coa Conselleira de Sanidade María Pilar Farjas Abadia, quen tamén é presidenta do Servizo Galego de Saúde, para firmar o convenio que ten coma obxectivos: a formación dos profesionais que traballan ou colaboran coas asociacións federadas; xornadas de sensibilización para pacientes, profesionais e coidadores informais; difusión de cuestións relacionadas coa atención ao coidado das persoas que padecen un trastorno mental persistente; servizo de información e orientación a usuarios e asociacións mediante a atención personalizada aos mesmos; servizo de asesoría xurídica para temas relacionados coa enfermidade mental; servizo de ocio e deportes para ás persoas con enfermidade mental que serva tamén de alivio para os familiares coidadores.
|