spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
Prevese que os trastornos mentais aumentarán considerablemente nos vindeiros anos
O CERMI resulta galardoado co Premio Psicología Andaluza a institucións nacionais
 20/04/2009

ImageO premio é outorgado anualmente polo Colexio Oficial de Psicólogos de Andalucia Oriental.

Concédese en recoñecemento do labor da entidade na representación e apoio ás necesidades das persoas con discapacidade e as súas familias.
Ler máis...
O Ministerio de Sanidade e Consumo aproba a creación da especialidade de Psiquiatría Infanto-Xuvenil
08/04/2009

ImageO ministro Bernat Soria recoñeceu en conversación telefónica co presidente da Confederación FEAFES, José María Sánchez Monge, o esforzo realizado polo movemento asociativo en prol do desenvolvemento e cumprimento da Estratexia en Saúde Mental.

FEAFES aplaude a posta en marcha da especialidade de Psiquiatría Infanto-Xuvenil e agradece ao ministro a deferencia que tivo telefonando persoalmente ao presidente da Confederación para informalo sobre este asunto.

Ler máis...
FEAFES Galicia participa nas Xornadas Técnicas do INICO
21/03/2009

ImageAs VII Jornadas Científicas de Investigación sobre Personas con Discapacidad, organizadas polo Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca, tiveron lugar entre 18 e o 20 de marzo na capital salmantina. O encontro organizouse en colaboración coa Asociación de Profesionais da Integración en España (APIE).

Entre os temas principais, destacou o da saúde mental en discapacidade. Neste sentido, a Confederación Nacional FEAFES participou co simposio 'Enfermedad Mental, autonomía y empleo'.  Á súa vez, FEAFES Galicia fixo unha presentación da entidade autonómica e os distintos servizos que esta ofrece (información, asesoría xurídica gratuíta, ocio e tempo de lecer...) prestando especial atención ao servizo de inserción laboral, un dos máis demandados entre os usuarios.

Este foro anual de encontro e discusión de carácter pluridisciplinar está aberto aos profesionais que traballan e investigan no campo da inclusión educativa, laboral e comunitaria, das persoas con discapacidade. Algúns dos seus obxectivos principais son fomentar o desenvolvemento e difusión de investigación rigorosa e de calidade sobre a discapacidade, desenvolver vías de intercambio e participación entre investigadores de España, Europa e Iberoamérica ou difundir experiencias innovadoras e facilitar o intercambio e comunicación entre os profesionais da atención directa.


Xornadas acerca da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
23/03/2009

ImageOs vindeiros 2 e 3 de abril a Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, organizará na Universidade da Coruña unhas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade.

As citadas xornadas contarán coa presenza de destacados conferenciantes do eido académico, como Adela Rey ou José Antonio Seoane, entre outros. Tamén estarán presentes algúns dos máis importantes expertos do Movemento de Vida Independente a nivel nacional como poden ser Alejandro Rodríguez Picavea ou José Antonio Nóvoa.

Ler máis...
FEAFES ocupa a nova vicepresidencia do CERMI

16 /03/2009

ImageJosé María Sánchez Monge, presidente da Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental FEAFES, foi elixido por unanimidade novo Vicepresidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade CERMI o pasado 13 de marzo.

Tendo en conta que o CERMI é a plataforma de representación dos case catro millóns de persoas con discapacidade que hai en España e que aglutina a máis de 4000 asociacións e entidades, FEAFES considera que ocupar a vicepresidencia supón revalidar a esta organización como líder en saúde mental e outorgar a visibilidade que o colectivo de familiares e persoas con enfermidade mental merece.
Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 13 - 18 de 136
spacer.png, 0 kB