spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
450 millóns de persoas están afectadas por unha enfermidade mental, neurolóxica ou conductual que dificulta gravemente a súa vida
Xornada Redes de Iniciativa Social en Santiago de Compostela
10/03/2009


ImageA Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago  acolle mañá mércores 11 de marzo a Xornada Redes de Iniciativa Social  dirixida á formación de persoal técnico de organizacións de Iniciativa Social.

O obxectivo fundamental da xornada é a posta en común de experiencias de traballo en rede a nivel local, e dentro dos ámbitos da inserción laboral e o voluntariado, de cara á creación dunha rede de traballo conxunto entre ambos campos.

Programa

O Parlamento Europeo recoñece a Saúde Mental como unha prioridade básica de actuación
19/02/2009

ImageA Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental FEAFES celebra a resolución aprobada hoxe en Bruxelas polo pleno do Parlamento Europeo que recoñece a Saúde Mental como prioridade básica de actuación e acolle favorablemente o Pacto Europeo para a Saúde Mental e o Benestar.
Ler máis...
Nova páxina web da asociación A Mariña
18/02/2009

Imagewww.adaoemam.es é a nova páxina da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña de Burela.

Nela recóllese toda a información relativa aos distintos dispositivos de rehabilitación e programas que a entidade pon ao servizo dos seus usuarios: piso tutelado, centros de rehabilitación en Burela e Ribadeo, programas de psicoeducación, atención domiciliaria, etc.

A web serve ademais de escaparate dos traballos artísiticos realizados polos usuarios: exposicións, premios e concursos, participacións en programas de radio a revista dixital Agarimo que eles mesmos editan.

O Concello de Ordes organiza as Xornadas "A Discapacidade Hoxe'
21/01/2009

ImageOs próximos días 22 e 23 de xaneiro celebraranse no Auditorio da Casa da Cultura de Ordes as Xornadas 'A Discapacidade Hoxe'. Organizadas pola Concellaría de Discapacidade, estas xornadas pretenden ofrecer unha visión ampla da situtación actual deste sector en Galicia, dando voz a varias das entidades que o representan. G-Prodis (Grupo de Traballo para a Promoción das Persoas con Discapacidade), ONCE Coruña, COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), FADEMGA (Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade intelectual de Galicia) e FEAFES Galicia darán a coñecer a súa experiencia como entidades de referencia neste eido, realizando a un tempo un diagnóstico das expectativas e necesidades do Terceiro Sector na nosa Comunidade.
Rubio Vidal inaugura o novo CRPL de Alume en Guitiriz
21/01/2009

ImageA Conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, realizou onte a inauguración oficial do Centro de Rehabilitación Psicosocial de Guitiriz que a asociación Alume (Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais) acaba de poñer en marcha nesta localidade.

Na inauguración estiveron presentes diversos representantes autonómicos e locais, como Víctor Pedreira, Subdirector da Unidade de Saúde Mental do Sergas, os delegados provinciais de Sanidade, Medio Rural, Vivenda e Solo e Benestar Social, ou a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez.

Durante a súa intervención no acto de inauguración, Rubio Vidal resaltou a importancia da colaboración que o seu departamento está a levar a cabo co movemento asociativo, "froito da positiva experiencia que a Consellería de Sanidade ten dos distintos proxectos nos que ten traballado con FEAFES e coas asociacións que a integran é o Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2006-2011, que lle outorga especial importancia ao movemento  asociativo".

A creación deste novo CRPL é, segundo a titular de Sanidade, "unha consecuencia do Plan Estratéxico de Saúde Mental 2006-2011", aprobado polo Consello do Goberno galego en outubro de 2006, e que "pretende acadar xustamente a equidade, calidade e eficacia na saúde mental en Galicia no século XXI".

O novo centro, que conta xa con varios usuarios, leva o nome de Dolores Osorio, como homenaxe á Directora e cofundadora da asociación, tristemente falecida hai uns meses.
O centro de Guitiriz desenvolverá entre outros, programas de psicoeducación, de inclusión social ou de intervención a domicilio coa finalidade de promover a rehabilitación psicosocial e laboral e, en definitiva, unha plena integración social das persoas con enfermidade mental.

Web de Alume


<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 19 - 24 de 136
spacer.png, 0 kB