spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
250.000 persoas padecen un trastorno mental grave en España
O Concello de Santiago cederá a FEAFES un terreo para a construción dun centro de recursos
12/01/2009

ImageO alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo manifestou o pasado venres o seu compromiso de cesión de terreo para a construción dun centro de recursos para a formación e o emprego de persoas con  enfermidade mental na capital compostelá. Así llo manifestou ao Presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón García, trala reunión que ambos mantiveron en Raxoi, e na que Girón presentou unha novidosa proposta dentro dos servizos de atención ás persoas con estas patoloxías. Trátase da construción dun centro de recursos, pioneiro en España, que dará cobertura integral ao colectivo en toda a Comunidade.

O centro contará, entre outros servizos, cunha área de inserción socio-laboral -orientada á formación e o emprego-, unha de vivenda normalizada e un centro de documentación e investigación sobre saúde mental.
Encontro do CERMI coa Conselleira de Educación para definir o Decreto de Atención á Diversidade
30/12/2008

ImageRepresentantes dos distintos sectores da discapacidade en Galicia reuníronse onte con Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación, para lle presentar as aportacións do colectivo ao borrador do Decreto de Atención á Diversidade.

Ao encontro cos representantes da Consellería asistiron os coordinadores de FEAFES, COGAMI, ONCE, FADEMGA, DOWN GALICIA así como o presidente do CERMI, para lle presentar á Conselleria as súas propostas e aportacións.

O novo decreto virá a unificar e actualizar a normativa existente na Comunidade dende 1996, axeitándoa aos contidos da Lei Orgánica de Educación (LOE). Segundo a Conselleira, este novo documento tomará como base os principios de inclusión, normalización, accesibilidade e diversidade como un valor engadido.

Entre as porpostas presentadas polo CERMI destaca a posibilidade de elección do centro por parte das familias, a formación do profesorado así como a definición e regulación do papel dos Centros de Educación Especial como centros de recursos.

FEAFES, en particular, demanda para os alumnos con posibles problemas de saúde mental a creación de redes de colaboración estables entre os profesionais socio-sanitarios e educativos, a formación específica en saúde mental, así como a sensibilización da comunidade educativa coa finalidade de normalizar a situación do colectivo evitando en moitos casos o abandono escolar.

Lembremos que os primeiros episodios da enfermidade adoitan acontecer na adolescencia, de aí a importancia dunha detección precoz, na que debe estar involucrados familias, compañeiros, profesores e profesionais especializados en atención á diversidade.

Outras noticias sobre este tema:

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=380116&idEdicion=1113

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/


Entra en vigor a nova Lei de Servizos Sociais de Galicia
22/12/2008

ImageAcaba de ser publicada a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado mes de novembro.

O novo documento substituirá á Lei 4/1993 de Servicios Sociais de Galicia e vén a dotar aos cidadáns dun Sistema público de Servizos Sociais, como o que xa existe no sanitario ou no educativo.

O seu carácter público fai que sexa a administración autonómica a responsable da planificación, deseño e aplicación dos servizos sociais, amosando deste xeito a súa adaptación á realidade galega, e ampliando o catálogo de servizos e prestacións contidos na lexislación estatal.

Unha das principais novidades do novo modelo de Servizos Sociais é a posta en marcha da tarxeta social individual, así como a dispoñibilidade dun profesional de referencia. Estas dúas ferramentas derivan do "expediente social básico" que cada cidadán terá, dimilar ao historial único que existe no Sergas (Servizo Galego de Saúde).

Bota a andar o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública de Galicia
04/12/2008

ImageOnte 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade, celebrouse na sede da Xunta en San Caetano a primeira reunión oficial do Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega. Esta comisión créase como órgano técnico e de asesoramento coa finalidade de estudar e promover as iniciativas que se desenvolvan para acadar a inserción laboral efectiva das persoas con discapacidades na Administración Pública.

Deste xeito, desenvolverá as súas funcións en cinco grandes eixos como son a oferta de emprego público, selección e provisión, integración laboral, colaboración coas entidades do ámbito da discapacidade e, finalmente, estudos e planificación.

Na composición desta comisión participan diversas Consellería (Presidencia, Vicepresidencia, Sanidade, Traballo, Educación, Medio Rural e Medio Ambiente), así como cinco representantes do colectivo de discapacidade, un por cada grupo: de discapacidade: enfermidade mental (FEAFES Galicia) física (COGAMI), intelectual (FADEMGA e Down Galicia), auditiva (FAXPG) e visual (ONCE).
3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
03/12/2008

ImageHoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Promovida polas Nacións Unidas, esta conmemoración pretende sensibilizar a opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidade e movilizar o apoio, dereitos e benestar das persoas con discapacidade. Tamén se propón promover a toma de conciencia sobre as ganancias que se derivarían da integración destas persoas en todos os aspectos da ida política, social, económica e cultural. O lema deste ano é  "Convención sobre os dereitos das Persoas con Discapacidade: Dignidade e Xustiza para todos".

Con moitvo desta celebración, o CERMI (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad) elaborou un manifesto no que recorda e reclama aos poderes públicos e á sociedade a necesidade de adoptar medidas transformadoras que garantan a igualdade de trato, a equiparación de oportunidades e acaben coas discriminacións de toda índole. O CERMI Solicita un Pacto de Estado que recolla as liñas básicas de actuación sobre discapacidade para a próxima década.

Cómpre destacar que a enfermidade mental constitúe a segunda causa de discapacidade en España.

 
Manifesto CERMI

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 25 - 30 de 136
spacer.png, 0 kB