spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
O 25% da poboación sofre un trastorno mental ao longo da súa vida
II Xornada ALUME: “Saúde Mental e Saúde Laboral"
24/11/2008

ImageA Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais (ALUME) celebra o próximo venres 28 de novembro a II Xornada: Saúde Mental e Saúde Laboral, orientada a familiares, pacientes, profesionais da Saúde Mental, Servizos Sociais e Traballo.

Declarada de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, esta xornada pretende dar a coñecer á sociedade a realidade da enfermidade mental, profundizando de forma específica na recuperación das persoas con esquizofrenia e outras patoloxías para a vida laboral normalizada.

Ler máis...
Xornada informativa sobre Saúde Física e Saúde Mental en A Coruña
18/11/2008

Image-As persoas con algún tipo de trastorno mental teñen un maior risco de deterioro físico.

-A esperanza de vida destes pacientes pódese acurtar como consecuencia do desgaste físico propio das patoloxías mentais.

As persoas con algún tipo de trastorno mental teñen un alto risco de padecer outras enfermidades como obesidade ou diabetes a consecuencia do deterioro físico propio destes pacientes. “A persoa diagnosticada cun problema mental ten tendencia a diminuír o exercicio físico e a aumentar o consumo de tabaco, o que provoca un desgaste no organismo e que a súa esperanza de vida se vea reducida”, apunta Xosé María Regueiro Otero, vicepresidente de FEAFES Galicia e un dos moderadores da Xornada sobre Saúde Física e Saúde Mental que tivo lugar onte en A Coruña.

Ler máis...
Galicia presenta a maior taxa de discapacidade de España
04/11/2008

ImageO Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de publicar o avance de resultados da Encuesta de Discapacidad, Autonomía Personal y Situaciones de Dependencia (EDAD) 2008.

Segundo a mesma, e a pesar de que a taxa de discapacidade baixou 0'5 puntos en España dende 1999, o número de persoas afectadas chega aos 3,8 millóns (8,5% da poboación). O estudo por Comunidades revela que en Galicia se acadan as taxas máis elevadas (11,3%).

Avance resultados INE

Cómo abordar o tratamento psicolóxico dos síntomas psicóticos
24/10/2008

Image-FEAFES Galicia organiza en colaboración coa Consellería de Sanidade unha Xornada de Resolución
de Conflitos dirixida a monitores e terapeutas ocupacionais das asociacións que traballan con este sector da discapacidade.


-O obxectivo é favorecer o coñecemento dos principais conflictos no traballo cotiá con persoas con enfermidade mental e a metodoloxía de resolución dos mesmos.
Ler máis...
Rematan en Santiago e Vigo os Cursos de Busca de Emprego para persoas con enfermidade mental
23/10/2008

ImageO obxectivo desta acción é mellorar as posibilidades de inserción no mercado ordinario das persoas con discapacidade a causa dunha enfermidade mental.

Esta semana chegaron ao seu remate os Cursos de Motivación e Técnicas de Busca de Emprego dirixidos a persoas con enfermidade mental postos en marcha por FEAFES Galicia en Santiago de Compostela e Vigo.

Os cursos están dirixidos a potenciar o coñecemento por parte dos participantes da situación do mercado de traballo e as  características do emprego que van buscar, así como as competencias profesionais e persoais que lles poidan facilitar o acceso e as técnicas e recursos dos que dispoñen para este fin.

Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 31 - 36 de 136
spacer.png, 0 kB