spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
O 1% da poboación desenvolverá algunha forma de esquizofrenia ao longo da súa vida
IV Xornada de Encontro de Familias FEAFES 2008
13/10/2008

ImageFEAFES Galicia celebrarou o pasado sábado 11 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela -(e dentro do marco dos actos conmemorativos do Día Mundial da Saúde Mental que se festexa hoxe 10 de outubro)- a súa IV Xornada de Encontro de Familias, na que máis de 350 persoas -entre familiares, usuarios do movemento asociativo e profesionais do eido da discapacidade- asistiron aos diversos actos programados ao longo do día.

Esta actividade nace en 2005 co obxectivo primordial de ofrecer un espazo de intercambio de opinións e información para as familias de persoas con enfermidade mental.
    
Cada ano, a Xornada afronta con expertos e cos propios usuarios un tema de interese para o colectivo. Desta volta, debateuse en mesa redonda (10.30h) sobre o papel das “familias como motor de cambio en saúde mental”. Na mesma participaron Nel Anxelu González Zapico (Presidente de AFESA ASTURIAS FEAFES), José María Regueiro Otero (Familiar e Vicepresidente de FEAFES Galicia) e Manuel Enrique Rodríguez Alonso (Presidente da Asociación redondelá Lenda e usuario dun Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral).

Ler máis...
10 de outubro: Día Mundial da Saúde Mental
10/10/2008

ImageBaixo o lema "Facendo da Saúde Mental unha prioridade Global: Mellorando os servizos a través da reivindicación e a acción cidadá", celébrase hoxe venres 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental.

Esta conmemoración, impulsada dende a Federación Mundial para a Saúde Mental (WFMH), celébrase na actualidade en máis de 100 países, ofrecendo ás persoas con enfermidade mental e aos seus familiares unha oportunidade para reclamar os seus dereitos e denunciar a situación de discriminación do colectivo.

Ler máis...
Proxecto de inserción sociolaboral en Redondela para persoas con enfermidade mental persistente
07/10/2008

ImageBaixo o nome de “IN-FÓRMATE-I”, este programa posto en marcha pola Asociación Lenda de Familiares e Enfermos Metais, comezou as súas actividades co curso “Acompañamentos e coidados de persoas con discapacidade”.

O aspecto novidoso que vén a demostrar a posta en marcha deste proxecto é que as propias persoas con discapacidade (neste caso persoas con enfermidade mental) poden contribuír á mellora das condicións de vida doutras persoas con discapacidade, é dicir, as solucións ós problemas dun colectivo poden e deben vir en primeira instancia do propio colectivo.

Ler máis...
Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade
09/09/2008

ImageO Vicepresidente da Xunta Anxo Quitana presentou onte a Guía de Vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade, elaborada pola Secretaría Xeral do Benestar.

Esta guía vén a paliar a dificultade de acceso á información e aos recursos, primeiro obstáculo para a integración das persoas con discapacidade. Con este documento preténdse potenciar a información especializada en programas, servizos e prestacións aos que teñen dereito as persoas con discapacidade en Galiza.
 
Quintana explicou que se trata dunha aposta por ordenar e sistematizar o catálogo de medidas de apoio, dos requisitos para acceder a elas e da normativa que as regula. A guía configúrase como un documento áxil e de fácil lectura, estruturado en áreas temáticas como son a educación, o emprego, prestación económicas e sociosanitarias.

Estará dispoñible tanto en formato papel como en versión dixital, na páxina web da Vicepresidencia e no enderezo www.benestargaliza.org

Tamén a podedes consultar  na  sección documentación da páxina de FEAFES Galicia.
Convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e FEAFES Galicia
08/09/2008
Image
  • Ao acto de firma do acordo asistiron Sonia Méndez García – Concelleira de Economía e Emprego e Nuria Fernández Castiñeira – responsable de FEAFES en Lugo.
  • O obxectivo deste concerto é a cesión, por parte do Consistorio, das instalacións para a realización dun curso de Motivación e Técnicas de Busca de Emprego dirixido a persoas con enfermidade mental.
Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 37 - 42 de 136
spacer.png, 0 kB