spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
Menos do 25% dos afectados é diagnosticado e tratado correctamente nos países occidentais
A Confederación estatal FEAFES celebra o seu 25 Aniversario
11/06/2008

Image
  • O movemento asociativo da Confederación FEAFES celebra os seus 25 anos de traballo en favor da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e os seus familiares.

Dende FEAFES pretédese que o evento sexa un reflexo do traballo realizado pola Confederación, Federacións Autonómicas e Asociacións durante este período, así como mostrar cal é o labor que realizan na actualidade.
Ler máis...
FEAFES Galicia presentou ante a Conselleira de Sanidade o programa de ocio "Coidamos de Ti"
10 /06/2008

ImageA Conselleira de Sanidade -Mª Xosé Rubio- realizarou onte ante os medios de comunicación a presentación oficial do proxecto Coidamos de Ti: Programa de alivio a coidadores non profesionais e de ocio activo para persoas con enfermidade mental. Ademais da titular deste departamento, estiveron presentes no acto Xosé Ramón Girón García - Presidente de FEAFES- e Víctor Pedreira Crespo, Subdirector Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias do Sergas.

O programa Coidamos de Ti -desenvolvido por FEAFES Galicia (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) a través do financiamento da Consellería de Sanidade- ten como obxectivo ofrecer ao colectivo un catálogo de actividades de ocio e tempo de lecer que sirva, á súa vez, de alivio da carga que lles supón aos seus coidadores non profesionais, principalmente familiares.

Ler máis...
Formación profesional de persoas con discapacidade
26/05/2008

ImageUn dos avances fundamentais que reivindican as entidades sociais que defenden os dereitos do colectivo de persoas con discapacidade no noso país é a plena integración no mercado laboral. A consecución desta meta implica un doble labor. A finalidade última é, sen dúbida, a de xerar emprego estable e cualificado para este sector da poboación, pero esta dimensión non se entende sen un paso previo e esencial: a formación deste como persoal especializado e competente.

Consciente da importancia de cubrir esta fase -e deseñar unha oferta de formación ocupacional adaptada ás necesidades das persoas con discapacidade- FEAFES Galicia organiza dende 2004, -e dentro do seu programa de inserción laboral OEDEM-  unha variedade de cursos de formación que preparan aos seus usuarios para afrontar o mercado laboral, ben reforzando aspectos xerais (cursos de técnicas para a busca de emprego, alfabetización informática, etc.) ou aspectos profesionais específicos.

Ler máis...
FEAFES inaugura en A Guarda unha casa de respiro familiar para persoas con enfermidade mental
19/05/2008

ImageCoa inauguración esta fin de semana en A Guarda dunha casa destinada ao respiro familiar, FEAFES realizou o inicio de actividades do seu novo servizo Coidamos de ti: Programa de alivio a coidadores non profesionais e de ocio activo para persoas con enfermidade mental.

As instalacións, sitas no porto guardés, acolleron os pasados días 16, 17 e 18 de maio ao primeiro grupo de usuarios, que, acompañados de dous monitores da asociación ferrolá AFAES Porta Nova (unha das 14 asociacións federadas a FEAFES) disfrutaron tamén dun amplo abano de actividades complementarias. O alto valor paisaxístico e cultural da zona permite unha serie de alternativas de ocio como visitas ao Monte Santa Tegra, á veciña Portugal a través do ferri, ou a realización de distintas rutas de sendeirismo.
Ler máis...
A saúde mental no Val Miñor
25/04/2008

ImageA asociación de axuda a persoas con enfermidade mental Avelaíña de A Guarda organizou onte xoves unha mesa de traballo na que analizou, xunto con diversas autoridades do ámbito social, a situación actual do colectivo na comarca e os retos a afrontar neste eido.

A finalidade desta actividade –á que asistiron, entre outros, os alcaldes de Nigrán e A Guarda - é dar a coñecer e sensibilizar á poboación e ás autoridades públicas sobre as carencias e necesidades nesta área.
Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 49 - 54 de 136
spacer.png, 0 kB