spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
450 millóns de persoas están afectadas por unha enfermidade mental, neurolóxica ou conductual que dificulta gravemente a súa vida
Protocolo de orientación para casos de vexación a persoas con discapacidade publicitadas en Internet
15/04/2008
CERMI
ImageA medida dispón os mecanismos para actuar xuridicamente contra os que maltratan ou abusan de persoas con discapacidade a través destes medios.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), no marco do convenio de colaboración que ten suscrito coa Fiscalía Xeral do Estado, vén de dispoñer un protocolo de orientación xurídica en caso de actos vexatorios a persoas con discapacidade que son publicitados a través de Internet.

Ler máis...
Coidamos de ti: Programa de Ocio e Tempo Libre de FEAFES Galicia
11/04/2008

ImageFEAFES Galicia inaugurou onte cunha visita ao complexo intermareal Umia-O Grove o cadro de actividades do seu Programa de ocio e tempo libre Coidamos de ti.

Esta visita, inserida no Programa Entre Mareas da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, ofreceu aos usuarios a posibilidade de se achegaren máis de preto ao medio mariño, coñecendo aspectos concretos do hábitat desta zona da Ría de Arousa e aprendéndolles a valorar cuestión como a conservación do patrimonio medioambiental.
Ler máis...
FEAFES Galicia participa na I Semana Sociocultural do CSC O Ensanche en Compostela
01/04/2008

Image

Coincidindo coa celebración do seu primeiro aniversario, o Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche compostelán inaugurou onte a I Semana Social e Cultural. Esta actividade tenta incentivar o emprego activo do lecer por parte da cidadanía e dar a coñecer, a un tempo, os distintos proxectos e iniciativas das entidades colaboradoras.

Ler máis...
Promoción da autonomía persoal: Valoración do grao de dependencia das persoas con enfermidade mental
17/03/2008

ImageEntre os pasados 12 e 14 de marzo celebráronse na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela as III Xornadas de Discapacidade e Traballo Social: Promoción da Autonomía Persoal organizadas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), e o Colexio Oficial de Traballo Social.

Co obxectivo de estudar a realidade daquelas persoas que teñen algunha discapacidade física, intelectual, mental e/ou sensorial, as Xornadas abordaron –dende unha perspectiva profesional- a cuestión da implantación da Lei de Dependencia en Galicia.


Ler máis...
Campaña informativa sobre saúde mental nas rúas do Val Miñor
12/02/2008

ImageA finalidade desta actividade é dar a coñecer e sensibilizar á poboación e ás autoridades públicas sobre as carencias e necesidades nesta área,  chegando –a un tempo- ao maior número posible de persoas afectadas.

Esta acción é unha iniciativa de Avelaíña, asociación de axuda a persoas con enfermidade mental con sede na Guarda e que traballa dende 1997 para acadar a plena integración das persoas con enfermidade mental crónica.
Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 55 - 60 de 136
spacer.png, 0 kB