spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Sabía que...
O 25% da poboación sofre un trastorno mental ao longo da súa vida
O VICEPRESIDENTE DE FEAFES GALICIA PARTICIPARÁ NA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A EUROPA SOCIAL
A Comisión Europea (DG de Emprego e Asuntos sociais) ofrece este ano a Galicia a posibilidade de organizar a campaña “¿Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede?” que ten como obxectivo explicar ós cidadans os beneficios e os resultados das políticas sociais e de emprego nun ton lúdico, empregando unha estética inspirada no circo.
Así, serán a Xunta de Galicia e a Comisión Europea, en colaboración coa Fundación Galicia Europa, entidades empresariais, organismos e centros de información europea de Galicia, quen organicen a campaña os días 30 de Xuño e 1 de Xullo na Alameda de Santiago de Compostela.
O evento contará coa organización de seminarios; debates sobre a inserción laboral de persoas con discapacidade, o fomento do espíritu emprendedor, a movilidade laboral transfronteiriza, a Inclusión Socia-Fondo Social Europeo... Tamén se organizarán talleres, se proxectarán vídeos e se realizarán actividades artísticas.
Dentro da axenda de actividades programadas celebrarase unha mesa-obradoiro relativa a inserción laboral das persoas con discapacidade na que participará o Vicepresidente de FEAFES Galicia Xosé María Regueiro Otero.  A intervención terá lugar o día 30 de Xuño ás 11 da mañán de forma conxunta con representantes da Xunta de Galicia, doutras entidades da área de discapacidade, de representantes de iniciativas empresariais e, por suposto, das propias persoas con experiencia de inserción laboral.

FEAFES Galicia declarada Entidade de Utilidade Pública
FEAFES Galicia acaba de ser declarada Entidade de Utilidade Publica cumprindo así cos requisitos que establece o artigo 32 da lei 1/2002 conseguindo así a posibilidade de ter acceso ós beneficios fiscais contemplados na lei 49/2002. Esto suporá a entidade a exención de determinadas rendas do imposto de Sociedades e menor tributación nas rentas non exentas (10%), exención en determinados impostos locais (IBI, IAE, IVTNU) e acceso a incentivos fiscais mecenado (deduccións para donantes no imposto IS ou na renta de persoas físicas polos donativos entregados á entidade).

FEAFES SATISFEITA COA SUBVENCION DO IRPF
O movemento asociativo de familiares e de persoas con enfermidade mental agradece o esforzo do Ministerio de Sanidade e Política Social e expresa a súa satisfacción pola incorporación na Convocatoria de Subvencións a ONG con cargo ao IRPF 2010 "programas dirixidos a cubrir as necesidades específicas de persoas con enfermidade mental" de xeito prioritario.
Ademáis, FEAFES agradece ó Ministerio de Sanidade e de Política Social o esforzo realizado en incrementar as partidas en 15 millons de euros, respecto á convocatoria de 2009, e, sobre todo, por incorporar os programas destinados a persoas con enfermidade mental, entre os programas prioritarios e as accións susceptibles de recibir financiación direita a través do IRPF.
A convocatoria tamén fai referencia expresa a programas para persoas reclusas, ex reclusas e sometidas a medidas alternativas, entre quen se atopan as persoas diagnosticadas dunha enfermidade mental.
A Confederación FEAFES deseña, promove, fai seguemento, avalía e xestiona no ámbito estatal programas que ofrecen e desenrolan as súas 222 entidades, algunhas das cales son financiadas con cargo á subvención do IRPF dende hai máis de 20 anos.
O FEAFES desenrola diversos programas:
  • Psicoeducación e axuda mútua
  • Respiro
  • Atención domiciliaria
  • Actuación en Réxime Penal Penitenciario
  • Promoción do voluntariado
  • Promoción e adecuación de centros
Neste sentido FEAFES xa manifestou a súa opinión acerca de que coa crise económica "faise máis necesaria a asignación tributaria a fins sociais, porque cando medran as necesidades sociais a solidaridade cidadá resulta decisiva".
O Programa de ocio 'Coidamos de Ti' amosa aos seus usuarios a riqueza da fauna mariña galega
25/05/2009

ImageOs usuarios do programa de ocio e tempo de lecer Coidamos de Ti de FEAFES Galicia puideron disfrutar o pasado 24 de abril dunha serie de actividades lúdicas relacionadas co coñecemento do medio mariño. Os participantes puideron gozar dunha travesía en catamarán pola Ría de Arousa, observando a riqueza dos fondos. Realizaron ademais unha visita guiada polo AcquariumGalicia, no que tamén asistiron a un obradoiro de mamíferos mariños.
Ler máis...
Xornada Técnica sobre os 'Dereitos Legais das Persoas con Enfermidade Mental' en Vigo
24/04/2009

Image
  • O obxectivo desta actividade é dar resposta á necesidade de información sobre diferentes cuestións legais relacionadas coa protección xurídica das persoas con enfermidade mental nos ámbitos civil, pernal, administrativo e laboral.
Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 7 - 12 de 136
spacer.png, 0 kB