|
Creación do Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega |
|
23/07/2008
 A Administración Autonómica Galega vén de publicar no Diario Oficial o Decreto 143/2008 que regularán a creación do Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega. Será un órgano técnico de asesoramento e participación adscrito á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e terá como finalidade o estudo e promoción das iniciativas que se desenvolvan para alcanzar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade na Administración autonómica. |
|
Ler máis...
|
|
|
Conferencia de Judith Heumann en Compostela |
|
22/07/2008
 A activista norteamericana polos dereitos dos discapacitados Judith Heumann, destacou onte en Santiago a necesidade de conquerir "as mesmas oportunidades para todos" e "axudar a educar ás persoas con discapacidade sobre os seus dereitos". Heumann presentou a súa experiencia persoal e profesional no marco do programa de conferencias Boas Prácticas polo Mundo co que a Fundación Iniciativas 21 busca recoñecer o labor de personaxes destacados polo seu traballo, neste caso no eido da discapacidade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Comunicado de prensa de FEAFES Galicia |
|
22/07/2008
 FEAFES Galicia, como entidade máis representativa do colectivo de discapacidade por enfermidade mental en Galicia, e que agrupa a 14 asociacións e a máis de 4.600 socios, ante a posibilidade en debate actualmente de que o novo Xulgado de Primeira Instancia de Santiago de Compostela sexa un órgano especializado en Familias e Incapacidades, desexa manifestar o seguinte: A Federación, en nome de todas as entidades e persoas ás que representa, apoia sen reservas a creación dese novo órgano especializado e súmase a aqueles que, dende diversos ámbitos, solicitan a súa creación. |
|
Ler máis...
|
|
|
Obra Social Caixa Galicia colabora con FEAFES no financiamento do seu programa de inserción laboral |
|
18/07/2008
 Como en exercicios anteriores, Obra Social Caixa Galicia apoiará durante 2008 a FEAFES Galicia no financiamento do Programa de Inserción Laboral para Persoas con Enfermidade Mental OEDEM. FEAFES resultou beneficiario dunha axuda de 30.000 euros para o desenvolvemento das distintas actividades que leva a cabo este servizo. O Programa OEDEM foi posto en marcha pola Federación en 2002 e enfoca as súas actuacións non só á orientación e inserción laboral, senón tamén á intermediación con ofertantes de emprego público. |
|
|
Segundo Campionato Galego de Balompé para persoas con enfermidade mental: 'Tolos polo Fútbol' |
O obxectivo deste encontro deportivo é promover a participación social do colectivo a través do deporte como instrumento integrador e de sensibilización social.Á entrega de premios asistiu Andrés Fariña Cadenas, Concelleiro de Deportes do Concello de Santiago.O pasado 5 de xullo celebrouse no Pavillón do Restollal da capital Compostelá o Segundo Campionato Galego de Balompé: Tolos polo Fútbol para Persoas con Enfermidade Mental. FEAFES Galicia (Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia) organizou este evento en colaboración coa Consellería de Sanidade, a Fundación Celta de Vigo e a Fundación Deporte Galego a través do seu programa de axudas para a promoción do deporte. Son tamén entidades colaboradoras GADIS e Coca-Cola. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 6 de 94 |