Novas
Apúntate á nosa newsletter!!
Se queres estar ao día das noticias que rodean a Feafes Galicia
Cinco usuarios de Feafes Galicia realizaron nos dous últimos meses prácticas non laborais nos establecementos de Victoriano Moldes Ruibal, S.A. Grazas ao Proxecto Prácticum da Deputación de Pontevedra, os beneficiarios aprenderon durante a súa estancia na empresa a realizar tarefas de reposición de produtos, labores de panadería ou montaxe da sección de froitería.
As prácticas comezaron o 16 de novembro de 2011 e finalizaron o pasado 14 de xaneiro, o que supuxo un total de 200 horas, que se desenvolveron en horario de mañá de luns a sábado. Durante todo este tempo, cada un dos usuarios contou cun tutor da empresa.
Así mesmo, outros usuarios tamén se beneficiaron de prácticas non laborais grazas a este proxecto da Deputación de Pontevedra. En concreto, estiveron formándose en Media Markt, Kiabi, Gali Converters, Carrís Hoteles e Marodri.
Por outra banda, Victoriano Moldes Ruibal, S.A. decidiu adherirse ao Programa Incorpora, una iniciativa da Obra Social La Caixa que ten como principal obxectivo lograr a plena inserción social e laboral das persoas con risco de exclusión que incide no incremento da súa calidade de vida. Feafes forma parte do Grupo Incorpora Galicia xunto con Cruz Vermella Ourense, Igaxes 3, Fundación Érguete Integración e Apes.







